xoves, 18 de maio de 2017

Día Internacional dos Museos 2017

0


Imos de celebración en celebración. Hoxe tócalle o día aos Museos da cidade.

Desde hai xa 40 anos o ICOM (Consello Internacional de Museos) escolle unha temática diferente para tratar neste Dia Internacional dos Museos, no que contamos co acceso gratuíto aos mesmos. Este ano, a celebración xirará arredor do tema "Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos", é dicir, arredor das historias máis dolorosas e traumáticas polas que pasou a nosa sociedade, en moitas ocasións descoñecidas ou coñecidas a medias.

Así, cada centro dará a coñecer as "historias controvertidas" elixidas por cada un deles a través de diferentes paneis informativos (dispoñibles ata o domingo 21), e visitas guiadas en sala cunha duración de 30 minutos que, ademais, irán seguidas dun pequeno concerto. Aquí podedes ver cales serán esas historias:

  • Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8) : A guerra de independencia sufrida entre España e Portugal a mediados do século XVII, un conflito bélico de case 30 anos que arrasou todo o territorio fronteirizo de ambos países. 
  • Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2): aproveitarase un suceso, o incendio do antigo Concello, para introducir os cambios que experimentará a vila na 2ª metade do século XIX para conformar a actual cidade industrial que coñecemos hoxe.
  • Verbum (avenida de Samil, 17): a exposición “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo”, servirá de marco para introducir a formación do Imperio Romano e a conquista da Penísula Ibérica no século I a.C, dentro da súa política de expansión militar para o control do mediterráneo e das súas rutas comerciais. 
  • Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15), un edifico proxectado durante a II República e executado coa Ditadura, daranos pé para introducir o tema da Guerra Civil Española na cidade e as súas consecuencias.
  • No Museo Municipal Quiñones de León (parque de Castrelos, s/n), falarán de dúas doazóns cruzadas no tempo e que conformaron o actual museo, para narrar unha historia na que se mesturan mortes, emigración, negociacións, desaparicións…

Tamén se suman a esta celebración:
  • Museo Liste- Etnográfico de Vigo (r/ Pastora, 22).
  • MARCO (r/ Príncipe, 54): Sábado 20 e domingo 21 de maioconsulta as diferentes exposicións e obradoiros familiares aquí para seleccionar os que máis vos interesen.
  • Sede Afundación Vigo (r/ Policarpo Sanz, 24-26): Sábado 20 de Maio, con ampliación de horario de 10 a 23h, e, as seguintes propostas para a súa exposición "Percorrendo a nosa arte":
- Visita infantil e familiar, ás 18.00 h. Inscrición previa, límite de prazas. (Inscricións en areaeducativa@afundacion.org)
- Visita comentada para persoas adultas, 21.30 h.


Sabemos que non sempre se coñecen os museos cos que a propia cidade conta, así que, esta pode ser unha marabillosa ocasión para aprendermos un pouquiño máis algo da nosa historia e da nosa cultura.

O Concello anímanos a facelo con un programa que podedes consultar completo aquí (con horarios e datas de visitas guiadas e concertos):


0 comentarios:

Publicar un comentario