sábado, 13 de maio de 2017

Axenda Maio

0


Retomamos a axenda para destacar as actividades que se celebrarán no mes de MAIO:





  • Sábado 13 e domingo 14 de maio, das 12 ás 20h, no barrio de Navia (Vigo): o grande acontecemento familiar da cidade!!! o Festival Plis Plas!!! 👌 Trátase dun evento urbán especialmente pensado para o público familiar no que todos e todas poderedes desfrutar de contacontos, música, xogos, teatro, maxia, mercadillo... Podedes seguir tódalas novidades relacionadas co mesmo, aquí. E, para ir facéndovos as ganas, ollade unha mostra dun dos espectáculos que poderedes ver (sí, sí! o mesmo ao que asistimos co cole o pasado xoves 4 de maio 😉)






    • Do luns 15 ao domingo 21 de maio, en Redondela: XVIII Festival de Títeres de Redondela. Ata 25 compañías de diferentes lugares do mundo encherán salas e rúas de espectáculos dirixidos a idades diversas. Pinchade na imaxe para acceder ao programa:

    • Venres 26 de maio ás 18.30h, en Libros Para Soñar: contos de primavera co Inventario das Flores (recente publicación da editorial Kalandraka).


    • Sábado 27 (18h) e domingo 28 (12h e 18h) de maio, na Sala Ártika: un espectáculo musical para toda a familia, O camiño de Santiago. A compañía Escuadra 17 Teatro tráenos a historia de dous irmáns, Santiago e Mariña, e da viaxe que emprenden para aprender a verse e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. Aquí podedes ver un avance: 


    • Sábado 27 e domingo 28 de maio, no Monte do Castro: tempo de sacar as bicicletas do garaxe coa Pedaliña 2017; podedes consultar tódalas actividades aquí.



    • Domingo 28 de maio ás 12h, no Auditorio Mar de Vigo: a mañá máis rockeira do mes descubrindo a Queen no Ciclo Rock en familia 😎, unha serie de concertos pensados para que tanto peques coma non tan peques disfruten xuntos e xuntas dunha boa sesión de música en directo, OH YEAH! (Entradas dende 12 € á venda aquí).




    • Domingo 28 de maio ás 18.30h, no Teatro Afundación Vigo: un musical que xamais pasará de moda, Mary Poppins 💜. Entradas dende 11 €, á venda aquí.





    • Sábado 10 de xuño (un pase de 10 a 11.30h, e outro de 12 a 13.30h), na Escola Infantil Los Olivos: Charla- taller "Rabietas- Cómo gestionarlas", impartida por Míriam Tirado (periodista especializada en maternidade/paternidade e consultora de crianza respectuosa). Se estades interesadas ou interesados en acudir a este taller, aconsellan que vos fagades coa entrada canto antes, pois as familias da escola na que se imparte teñen prioridade e, de seguro, as entradas que queden libres, esgotaranse facilmente. Déixovos o cartel con tódolos datos e un pequeno vídeo onde poderedes coñecer a Míriam e o seu divertido plantexamento da frustración infantil.




    0 comentarios:

    Publicar un comentario