xoves, 1 de xuño de 2017

Axenda xuño (actualizada)

0


Aquí vos deixo os eventos máis destacados deste mes que comezamos:

  • Do venres 2 de xuño ao domingo 4 de xuño, en Beade (onde se non?!): XXXII Festa da Cereixa🍒🍒🍒. Non vos digo de qué vai o conto que xa o sabedes mellor ca min! 😁 Mais o que sí podo facer e deixarvos o programa por aquí:
("pinchade" na imaxe para vela máis grande)

  • Venres 2 de xuño ás 17.30h, no Liceo Marítimo de Bouzas: Festival Infantil Solidario para recaudar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro. Haberá actuacións, sorteos e baile para o público infantil; outra oportunidade para desfrutar do gran Magín Blanco, entre outros👌. Entradas á venda -5 €- no mesmo lugar de celebración (ollo! o aforo é limitado).


  • Venres 9 de xuño ás 18h na Biblioteca Xosé Neira Vilas: A hora dos contos: Os contos de Trini Puentes (actividade gratuita con aforo limitado a 30 persoas).



  • Sábado 10 de xuño, de 17.30 a 20.30h, na Sede Afundación de Vigo: Xornada de portas abertas na aula Naturnova. Poderedes desfrutar, de xeito gratuito, deste Centro Interactivo de Educación Ambiental, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nel poderedes descubrir os segredos dos planetas, viaxar polo fondo do mar ou aprender arredor das enerxías renovables. Máis información no tlfno. 986 120 088, ou no mail: naturnova@afundacion.org



  • Sábado 10 de xuño ás 18h, e domingo 11 ás 12 e ás 18h, na Sala Ártika: Contacontos infantil para bebés a partires de 6 meses, Un Lobo con chupete (con Bea Campos, de Migallas Teatro). Entrada 6€ (5€ en caso de tres ou máis membros da familia) á venda aquí.


Bea e Paulo teñen un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Un lobo con chupete” é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática.




  • Xoves 16 de xuño ás 18h, na Biblioteca Xosé Neira Vilas: Contacontos Elisa no mundo das marabillas. A Ludoteca Inclusiva APAMP (Asociación de Familias con Persoas con Parálise Cerebral) mostrános o seu traballo a través do proxecto “Elisa no mundo das marabillas”. Disfrutaremos con este conto e con máis sorpresas. Unha fermosa aposta pola integración.


  • Domingo 18 de xuño, dende as 12 ás 19h, no Pazo de Mos: II Festival Canto Conto, con actuacións musicais (todas elas máis que aconsellables), obradoiros, xogos populares... Unha das citas máis destacables deste mes de xuño!







Feliz xuño a todos e todas!!! (qué rápido vai isto do tempo, mamaíña...😟)

0 comentarios:

Publicar un comentario