mércores, 17 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

3

E hoxe toca desexarvos un FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS! Unha honra ter a oportunidade de ver o mundo doutro xeito, de ampliar os nosos coñecementos, de encher as estanterías que ordenan a nosa vida interior, de formar parte dunha cultura que nos enriquece e nos abre máis portas, porque a nosa lingua é nosa e só con nós é 💙

Nós xa hai días que nos preparamos para celebrar este día tan fermoso 😉





Nin sequera a choiva puido coas nosas ganas de deixalo todo ben arranxado nos ensaios previos ao festival ☔ Capuchas preparadas, parexas listas, e... adiante!




Mentres non dispoñamos dos vídeos completos do Festival, aquí vos deixamos cun dos nosos ensaios, que non se diga que non traballamos! 💃💃💃


E, xa no Festival, disfrutando dunha chea de actuacións que pronto poderedes voltar a ver (atentos ao blogue TOC-TOC)











Repoñendo forzas para continuar coa diversión:







Grazas ás Letras Galegas por darnos sabedoría, aprendizaxes, contos, xogos, cantigas, cultura... aquí estaremos sempre traballando pola súa dignidade 😊


E, por suposto, grazas tamén ao homenaxeado, mestre por vocación e excepcional escritor e conversador Carlos Casares, por deixarnos un legado cheo de fermosas verbas no que nós nos adentramos a través do seu marabilloso libro de contos A galiña azul; unha obra que vos enganchará a pequenos, pequenas e maiores dende o seu texto introductorio (anímovos a comprobalo!) 🐔

                                           

Aquí vos deixo a Antón Riveiro Coello, autor da súa biografía falando do noso estimado Carlos:


E, por último, unha versión do conto A galiña azul que os nenos e nenas do CRA de Rianxo representaron deste xeito tan magnífico (imos ter que contactar con eles e elas para que nos ensinen a facer algo semellante!): 


3 comentarios:

  1. Estuvieron genial,que grandes artistas tenemos.disfrutaron ellos y disfrutamos nosotros👏👏👏👏👏 enhorabuena a todos

    ResponderEliminar
  2. Gracias Estefi, por compartir estos momentos con nosotros.

    ResponderEliminar
  3. A verdade é que este ano eu tamén disfrutei moito do Festival, a ver se para o seguinte nos atrevemos con algunha obriña de "mini-teatro"... ;) Creo que xa lle imos pillando o gusto a isto dos escenarios! jejeje

    Moitas gracias a vós por participar de toda esta aventura :)

    ResponderEliminar