mércores, 21 de xuño de 2017

A festa das nenas e dos nenos xa está aquí!

1

Facemos unha paréntese nestes días tolos de traballo porque non queremos perder a oportunidade de facervos partícipes do evento máis divertido da primeira fin de semana de vacacións:

A FESTA DAS NENAS E DOS NENOS do Concello de Vigo!

O segredo desvelouse e xa vos podemos adiantar que, tanto o sábado 24 coma o domingo 25 de xuño, en horario de 11 a 14h e de 16 a 20h, o Parque de Castrelos poñerase á disposición de tódalas familias viguesas con ganas de pasalo ben 😎

As xornadas contarán con actividades diversas (xogos, talleres, hinchables, rocódromo, tirolina...) e, ademais, coa presenza dos corpos de seguridade do estado (Bombeiros, Policía...) que realizarán mostras dalgún dos seus traballos e nos ofrecerán a oportunidade de coñecer algúns dos seus vehículos.

Sona apetecible, verdade? Eu non mo perdo! Así que, agardo vervos por alí 😊



E, se queredes saber máis do evento, non lle perdades a pista a este blogue amigo: VIGO EN FAMILIA, un espazo no que atoparedes un montón de ideas e plans para desfrutar cos vosos peques agora que se achegan as vacacións ⛱👌😉


1 comentario:

  1. Hola estefi....soy Amparo. .noa perdió el aparato de los dientes. ..no aparece. ..buscamos en el comedor y en el patio de arriba pero nada

    ResponderEliminar