xoves, 18 de maio de 2017

Día Internacional dos Museos 2017

0


Imos de celebración en celebración. Hoxe tócalle o día aos Museos da cidade.

Desde hai xa 40 anos o ICOM (Consello Internacional de Museos) escolle unha temática diferente para tratar neste Dia Internacional dos Museos, no que contamos co acceso gratuíto aos mesmos. Este ano, a celebración xirará arredor do tema "Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos", é dicir, arredor das historias máis dolorosas e traumáticas polas que pasou a nosa sociedade, en moitas ocasións descoñecidas ou coñecidas a medias.

Así, cada centro dará a coñecer as "historias controvertidas" elixidas por cada un deles a través de diferentes paneis informativos (dispoñibles ata o domingo 21), e visitas guiadas en sala cunha duración de 30 minutos que, ademais, irán seguidas dun pequeno concerto. Aquí podedes ver cales serán esas historias:

  • Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8) : A guerra de independencia sufrida entre España e Portugal a mediados do século XVII, un conflito bélico de case 30 anos que arrasou todo o territorio fronteirizo de ambos países. 
  • Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2): aproveitarase un suceso, o incendio do antigo Concello, para introducir os cambios que experimentará a vila na 2ª metade do século XIX para conformar a actual cidade industrial que coñecemos hoxe.
  • Verbum (avenida de Samil, 17): a exposición “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo”, servirá de marco para introducir a formación do Imperio Romano e a conquista da Penísula Ibérica no século I a.C, dentro da súa política de expansión militar para o control do mediterráneo e das súas rutas comerciais. 
  • Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15), un edifico proxectado durante a II República e executado coa Ditadura, daranos pé para introducir o tema da Guerra Civil Española na cidade e as súas consecuencias.
  • No Museo Municipal Quiñones de León (parque de Castrelos, s/n), falarán de dúas doazóns cruzadas no tempo e que conformaron o actual museo, para narrar unha historia na que se mesturan mortes, emigración, negociacións, desaparicións…

Tamén se suman a esta celebración:
  • Museo Liste- Etnográfico de Vigo (r/ Pastora, 22).
  • MARCO (r/ Príncipe, 54): Sábado 20 e domingo 21 de maioconsulta as diferentes exposicións e obradoiros familiares aquí para seleccionar os que máis vos interesen.
  • Sede Afundación Vigo (r/ Policarpo Sanz, 24-26): Sábado 20 de Maio, con ampliación de horario de 10 a 23h, e, as seguintes propostas para a súa exposición "Percorrendo a nosa arte":
- Visita infantil e familiar, ás 18.00 h. Inscrición previa, límite de prazas. (Inscricións en areaeducativa@afundacion.org)
- Visita comentada para persoas adultas, 21.30 h.


Sabemos que non sempre se coñecen os museos cos que a propia cidade conta, así que, esta pode ser unha marabillosa ocasión para aprendermos un pouquiño máis algo da nosa historia e da nosa cultura.

O Concello anímanos a facelo con un programa que podedes consultar completo aquí (con horarios e datas de visitas guiadas e concertos):


mércores, 17 de maio de 2017

Letras Galegas 2017

3

E hoxe toca desexarvos un FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS! Unha honra ter a oportunidade de ver o mundo doutro xeito, de ampliar os nosos coñecementos, de encher as estanterías que ordenan a nosa vida interior, de formar parte dunha cultura que nos enriquece e nos abre máis portas, porque a nosa lingua é nosa e só con nós é 💙

Nós xa hai días que nos preparamos para celebrar este día tan fermoso 😉





Nin sequera a choiva puido coas nosas ganas de deixalo todo ben arranxado nos ensaios previos ao festival ☔ Capuchas preparadas, parexas listas, e... adiante!




Mentres non dispoñamos dos vídeos completos do Festival, aquí vos deixamos cun dos nosos ensaios, que non se diga que non traballamos! 💃💃💃


E, xa no Festival, disfrutando dunha chea de actuacións que pronto poderedes voltar a ver (atentos ao blogue TOC-TOC)











Repoñendo forzas para continuar coa diversión:







Grazas ás Letras Galegas por darnos sabedoría, aprendizaxes, contos, xogos, cantigas, cultura... aquí estaremos sempre traballando pola súa dignidade 😊


E, por suposto, grazas tamén ao homenaxeado, mestre por vocación e excepcional escritor e conversador Carlos Casares, por deixarnos un legado cheo de fermosas verbas no que nós nos adentramos a través do seu marabilloso libro de contos A galiña azul; unha obra que vos enganchará a pequenos, pequenas e maiores dende o seu texto introductorio (anímovos a comprobalo!) 🐔

                                           

Aquí vos deixo a Antón Riveiro Coello, autor da súa biografía falando do noso estimado Carlos:


E, por último, unha versión do conto A galiña azul que os nenos e nenas do CRA de Rianxo representaron deste xeito tan magnífico (imos ter que contactar con eles e elas para que nos ensinen a facer algo semellante!): 


luns, 15 de maio de 2017

Día da Familia 2017

3

MOI FELIZ DÍA, FAMILIAS! Hoxe adicámosvos tódolos nosos esforzos; non vistes con que caras de disimulo saíron hoxe os nenos e nenas do cole? Todo para manter a sorpresa en segredo ata chegar á casa!😃 Foi moi divertido planificar a nosa estratexia, agardo que todo saira segundo o previsto 😉

Foron uns días de reflexión arredor do que pode ser unha familia, do que precisamos para construíla e reconstruíla, para que non se destrúa, para que sempre estea aí, para que todas e todos nos sintamos protexidos e a salvo... houbo dúas palabras en especial que resoaron moito na aula estes días, queredes saber cales foron? Sinxelo: QUERER e AMOR 💕 Témolo claro, non hai cura máis certeira para calquera tipo de mal.



















sábado, 13 de maio de 2017

Maios 2017

0

Sentín moito non poder compartir a fermosa festa dos Maios cos e coas peques, pero vendo o vídeo-resumo non me cabe dúbida de que o pasaron igualmente xenial! ❀❁✿💮

Se facedes clic aquí accederedes ao mesmo na páxina web do centro.

Preparando o Maio días antes da festa.

Axenda Maio

0


Retomamos a axenda para destacar as actividades que se celebrarán no mes de MAIO:





  • Sábado 13 e domingo 14 de maio, das 12 ás 20h, no barrio de Navia (Vigo): o grande acontecemento familiar da cidade!!! o Festival Plis Plas!!! 👌 Trátase dun evento urbán especialmente pensado para o público familiar no que todos e todas poderedes desfrutar de contacontos, música, xogos, teatro, maxia, mercadillo... Podedes seguir tódalas novidades relacionadas co mesmo, aquí. E, para ir facéndovos as ganas, ollade unha mostra dun dos espectáculos que poderedes ver (sí, sí! o mesmo ao que asistimos co cole o pasado xoves 4 de maio 😉)






    • Do luns 15 ao domingo 21 de maio, en Redondela: XVIII Festival de Títeres de Redondela. Ata 25 compañías de diferentes lugares do mundo encherán salas e rúas de espectáculos dirixidos a idades diversas. Pinchade na imaxe para acceder ao programa:

    • Venres 26 de maio ás 18.30h, en Libros Para Soñar: contos de primavera co Inventario das Flores (recente publicación da editorial Kalandraka).


    • Sábado 27 (18h) e domingo 28 (12h e 18h) de maio, na Sala Ártika: un espectáculo musical para toda a familia, O camiño de Santiago. A compañía Escuadra 17 Teatro tráenos a historia de dous irmáns, Santiago e Mariña, e da viaxe que emprenden para aprender a verse e escoitarse de verdade, a aceptar ao outro tal e como é, coas súas virtudes e defectos. Aquí podedes ver un avance: 


    • Sábado 27 e domingo 28 de maio, no Monte do Castro: tempo de sacar as bicicletas do garaxe coa Pedaliña 2017; podedes consultar tódalas actividades aquí.



    • Domingo 28 de maio ás 12h, no Auditorio Mar de Vigo: a mañá máis rockeira do mes descubrindo a Queen no Ciclo Rock en familia 😎, unha serie de concertos pensados para que tanto peques coma non tan peques disfruten xuntos e xuntas dunha boa sesión de música en directo, OH YEAH! (Entradas dende 12 € á venda aquí).




    • Domingo 28 de maio ás 18.30h, no Teatro Afundación Vigo: un musical que xamais pasará de moda, Mary Poppins 💜. Entradas dende 11 €, á venda aquí.





    • Sábado 10 de xuño (un pase de 10 a 11.30h, e outro de 12 a 13.30h), na Escola Infantil Los Olivos: Charla- taller "Rabietas- Cómo gestionarlas", impartida por Míriam Tirado (periodista especializada en maternidade/paternidade e consultora de crianza respectuosa). Se estades interesadas ou interesados en acudir a este taller, aconsellan que vos fagades coa entrada canto antes, pois as familias da escola na que se imparte teñen prioridade e, de seguro, as entradas que queden libres, esgotaranse facilmente. Déixovos o cartel con tódolos datos e un pequeno vídeo onde poderedes coñecer a Míriam e o seu divertido plantexamento da frustración infantil.