xoves, 29 de xuño de 2017

Moi felices vacacións!

2

Cómo están indo esas vacacións?! Agardo que, polo menos, a metade de divertidas do que foi o noso último día no cole 😊 Non quería deixarvos sen o resumo da Festa da Auga 2017, así que, por aquí vos queda. É moito máis breve do desexado, pero andivemos ocupados e ocupadas disfrutando da xornada e, por motivos evidentes, unha vez comezados os "chapuzóns", tivemos que abandonar a cámara... 🐳😰



Alguén quedou con ganas de máis? Pois aquí vos deixo unha idea para un xogo matemático con auga que nos propón Malena Martín dende o seu blogue Aprendiendo Matemáticas:

  • MATERIAIS:
- Vasos de plástico ou latas de conserva.
- Rotulador permanente.
- Pistolas de auga.
- Caderno ou pizarra.
- Bolígrafo ou tiza.

  • INSTRUCIÓNS:
Só temos que rotular cada vaso/lata con un número (poderemos utilizar os números que cada neno ou nena teñan asimilados) e construír unha pirámide con elas.


Logo, cada xogador ou xogadora disporá dun número de "disparos acuáticos" previamente acordado e tentará tirar algunha das latas coa pistola de auga. Unha vez os xogadores tiren unha lata, anotarán os puntos correspondentes (aconsellando acompañalos dalgún símbolo, por exemplo "4- I I I I", para que poidan contar ao final).

Podedes introducir as variables que se vos ocorran: quen alcance o maior número de puntos decidirá a seguinte variable ou xogo, pero tamén pode ser quen alcance o menor número de puntos en tres disparos; quen logre sumar un determinado número en dous "disparos"; etc. Só temos que adaptarnos á dificultade para a que a pequena ou pequeno estean preparados. 
Isto é o que queremos dicir cando falamos de traballar os conceptos dende unha perspectiva lúdica!

Seguro que a vós se vos ocorre algunha outra idea, animádevos a compartila! 🙋



MOI FELIZ VERÁN FAMILIAS

Gracias de novo a todos e todas!

mércores, 21 de xuño de 2017

A festa das nenas e dos nenos xa está aquí!

1

Facemos unha paréntese nestes días tolos de traballo porque non queremos perder a oportunidade de facervos partícipes do evento máis divertido da primeira fin de semana de vacacións:

A FESTA DAS NENAS E DOS NENOS do Concello de Vigo!

O segredo desvelouse e xa vos podemos adiantar que, tanto o sábado 24 coma o domingo 25 de xuño, en horario de 11 a 14h e de 16 a 20h, o Parque de Castrelos poñerase á disposición de tódalas familias viguesas con ganas de pasalo ben 😎

As xornadas contarán con actividades diversas (xogos, talleres, hinchables, rocódromo, tirolina...) e, ademais, coa presenza dos corpos de seguridade do estado (Bombeiros, Policía...) que realizarán mostras dalgún dos seus traballos e nos ofrecerán a oportunidade de coñecer algúns dos seus vehículos.

Sona apetecible, verdade? Eu non mo perdo! Así que, agardo vervos por alí 😊



E, se queredes saber máis do evento, non lle perdades a pista a este blogue amigo: VIGO EN FAMILIA, un espazo no que atoparedes un montón de ideas e plans para desfrutar cos vosos peques agora que se achegan as vacacións ⛱👌😉


sábado, 17 de xuño de 2017

Investigacións mariñas

4

Estamos a piques de rematar o curso, pero as nosas ganas de aprender non decaen 👓. E se non que llo pregunten a Susana, a técnica do CSIC que este xoves se pasou polo cole a ensinarnos aos alumnos e alumnas de Infantil en qué consisten os traballos que se levan a cabo no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo).

Con ela e cos materiais que nos trouxo pasamos un bo rato na mañá do xoves, converténdonos en pequenas e pequenos científicos por un rato. Ah! E que saibades que nos puxo "deberes" para este verán! Tomade nota e preparade os botes para setembro:

- Recollida de cunchas.
- Observación de animais mariños.
- Recollida de diferentes tipos de area.

A investigar! 


Gracias Susana por escoitar tódalas nosas preguntas!







Non perdemos a oportunidade de TOCAR con mans de científico-a.

... pero, non só coas mans percibimos o tacto dos elementos.

Escoitaremos o mar?







Aínda que un tal Patricio nos leve a engano... descubrimos que as estrelas de mar NON teñen ollos!


Por suposto, queremos unha lupa coma esta para a nosa clase!



E nós que pensabamos que tódalas areas eran iguais...




Cumpreanos verán

6

MOITOS PARABÉNS por adiantado a: Gabriel, Aitana, Lucas, Pablo, Antía e Xiana!!!

Sabemos que os 5 anos andan preto e non queriamos perder a oportunidade de celebralo ben xuntiños e xuntiñas 😉🎂 Nós sí que sabemos pasalo ben!





A galleta do momento!



luns, 12 de xuño de 2017

Cumpreanos Maio - Xuño

1

MOITÍSIMAS FELICIDADES A: Adriana, Noa G., Aicha e Pedro que cumpriron (ou cumprirán) os 5 anos nestes días!!🎂

Todos e todas o pasamos pipa na festa do venres💃💃💃 (non tódolos anos un celebra o cumpre cunha xornada na que ata os bombeiros te veñen visitar -atentos ao blogue TOC TOC!-)









xoves, 1 de xuño de 2017

Axenda xuño (actualizada)

0


Aquí vos deixo os eventos máis destacados deste mes que comezamos:

  • Do venres 2 de xuño ao domingo 4 de xuño, en Beade (onde se non?!): XXXII Festa da Cereixa🍒🍒🍒. Non vos digo de qué vai o conto que xa o sabedes mellor ca min! 😁 Mais o que sí podo facer e deixarvos o programa por aquí:
("pinchade" na imaxe para vela máis grande)

  • Venres 2 de xuño ás 17.30h, no Liceo Marítimo de Bouzas: Festival Infantil Solidario para recaudar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro. Haberá actuacións, sorteos e baile para o público infantil; outra oportunidade para desfrutar do gran Magín Blanco, entre outros👌. Entradas á venda -5 €- no mesmo lugar de celebración (ollo! o aforo é limitado).


  • Venres 9 de xuño ás 18h na Biblioteca Xosé Neira Vilas: A hora dos contos: Os contos de Trini Puentes (actividade gratuita con aforo limitado a 30 persoas).



  • Sábado 10 de xuño, de 17.30 a 20.30h, na Sede Afundación de Vigo: Xornada de portas abertas na aula Naturnova. Poderedes desfrutar, de xeito gratuito, deste Centro Interactivo de Educación Ambiental, con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nel poderedes descubrir os segredos dos planetas, viaxar polo fondo do mar ou aprender arredor das enerxías renovables. Máis información no tlfno. 986 120 088, ou no mail: naturnova@afundacion.org



  • Sábado 10 de xuño ás 18h, e domingo 11 ás 12 e ás 18h, na Sala Ártika: Contacontos infantil para bebés a partires de 6 meses, Un Lobo con chupete (con Bea Campos, de Migallas Teatro). Entrada 6€ (5€ en caso de tres ou máis membros da familia) á venda aquí.


Bea e Paulo teñen un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Un lobo con chupete” é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática.




  • Xoves 16 de xuño ás 18h, na Biblioteca Xosé Neira Vilas: Contacontos Elisa no mundo das marabillas. A Ludoteca Inclusiva APAMP (Asociación de Familias con Persoas con Parálise Cerebral) mostrános o seu traballo a través do proxecto “Elisa no mundo das marabillas”. Disfrutaremos con este conto e con máis sorpresas. Unha fermosa aposta pola integración.


  • Domingo 18 de xuño, dende as 12 ás 19h, no Pazo de Mos: II Festival Canto Conto, con actuacións musicais (todas elas máis que aconsellables), obradoiros, xogos populares... Unha das citas máis destacables deste mes de xuño!







Feliz xuño a todos e todas!!! (qué rápido vai isto do tempo, mamaíña...😟)