Quedounos un artigo longo desta volta, pero aguantade ata o final, que hai sorpresa.🎁
- Decoramos a árbore de Nadal do cole:
Xa levabamos uns días un tanto nerviosos e nerviosas, desde que a profe nos leu unha nota que ía para a casa solicitando axuda para decorar a árbore de... NADAL!!!! CHEGOU O NADAL!!! DECEMBRO!!! BEEEN!!! (Ese temido momento no que, inevitablemente, hai que adiantar os festivos acontecementos que están por vir e que sabemos desembocarán nunha tolemia colectiva😓).
Tentamos manter a calma con moitos "OMMMS" e, aínda que ás veces nos puido a emoción, conseguimos deixar a árbore ben bonita, ¿a que sí? Moitas grazas por axudarnos neste fermoso traballo, papás e mamás!
Pero para traer, tamén hai que levar. Gustáronvos os nosos renos? Seguro que ocupan un espazo privilexiado nas vosas árbores.
- Recollida solidaria "1 libro x 1 kilo":
Seguimos emocionados e emocionadas con esta fermosa iniciativa da que tedes máis información tanto na páxina web do cole, coma no Blogue do Moucho, ou mesmo no xornal Faro de Vigo.
Moitísimas grazas a tódalas familias por ser parte desta recollida solidaria de alimentos, nada mellor que axudar aos demais para sentirse parte deste mundo.
- Árbore "Un mar de agasallos":
Recordades que a finais do mes de novembro vos pedimos un bote de Actimel ou semellantes? Queredes saber para que era?
Con eles decoramos o árbore da biblioteca entre tódolos nenos e nenas do cole, de xeito que cada un deles e cada unha delas tivese, o último día, un "amigo invisible".
Un ano máis, estivemos encantados e encantadas de participar:
Con eles decoramos o árbore da biblioteca entre tódolos nenos e nenas do cole, de xeito que cada un deles e cada unha delas tivese, o último día, un "amigo invisible".
Un ano máis, estivemos encantados e encantadas de participar:
- CUMPREANOS NOVEMBRO- DECEMBRO:
E, xa de portas para adentro... MOITOS PARABÉNS para Marco, Yanira e Noa C.!!! O mércores 20 tiveron o privilexio de celebrar as súas 5 voltas ao sol rodeados -literalmente- polos seus compis. Para que enganarnos... estaban desexando que chegase o momento 😃
Quedamos un pouco tristes ao ter que celebrar a festa sen o noso amigo Nicolás, pero todo quedou arranxado ao día seguinte, cando moi contentos poidemos falar un pouco da súa historia e facerlle entrega da súa merecida medalla.
- MERENDOLA NADAL:
E chegou o momento de despedir o 2017. Para iso fixémonos cuns cantos doces típicos destas datas, unha boa presa de ledicia, un pouco de tempo extra para celebrar, un baúl cheo de disfraces (isto nunca falla😎), unha profe DJ e... TIVEMOS UN DÍA REDONDO! Algún compi saíu do cole un pouco confundido "Profe, no sé qué es lo que acaba de pasar, pero creo que es el día más feliz de mi vida". Ben... creo que esta é a mellor forma de rematar o ano!
2018, agardámoste cos brazos ben abertos, non deixes de sorprendernos cos momentos máis felices das nosas vidas!!!
Despedímonos cos nosos desexos de Nadal e a nosa felicitación, vémonos prontiño!
Despedímonos cos nosos desexos de Nadal e a nosa felicitación, vémonos prontiño!
*Déixovos cun extra de Nadal con ideas para regalar nun dossier elaborado por Malena Martín, do blogue Aprendiendo Matemáticas, lugar a onde acudimos en innumerables ocasións para poñernos á última nisto das mates manipulativas. 😉👌
Me encantó todo pero el vídeo lo mejor. Tan lindos....Se nos hacen mayores:(
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarmuchas gracias, como siempre, estamos encantados de poder ver el dia a dia de los peques,se lo pasan genial!! y el video es precioso me encanto!!. Felices Fiestas Estefi
ResponderEliminar😍😍😍😍 me encanta.....son tan riquiños...gracias por compartir estos grandes momento...el video me encanto!!!! Feliz año!!!!hasta el próximo año👋👋🎅🎅🌲🌲
ResponderEliminarhttp://www.infominho.com/index.php/id/103/objeto/35651/claves/A-granxa-escola-musical-Coraz%C3%B3n-de-Carballo-abre-as-s%C3%BAas-portas-en-Tomi%C3%B1o?platform=hootsuite
ResponderEliminar