xoves, 23 de marzo de 2017

Axenda 25-26 de marzo

3

Comezamos tempada primaveral, mais esta fin de semana preséntase, de novo, ben chuviosa. Pero non todo vai ser estar na casa! Recordade que armados e armadas cun bo abrigo-chuvasqueiro e unhas botas de goma, as saídas poden ser aínda máis emocionantes que un día soleado, só hai que botarlle un pouco de "valentía", así que, deixádevos levar polos/as peques que, de seguro, terán mil ideas sobre como aproveitar as pozas 💦🌂💦

E para os/as que aínda non se atreven, temos outra divertida alternativa. E é que esta última fin de semana de marzo a Sala Ártika ofrécenos a oportunidade de desfrutar do grupo de teatro e música infantil Migallas. O espectáculo dará comezo ás 18h, tanto na xornada do sábado, coma na do domingo e ten unha duración estimada de 50 minutos. 
As entradas teñen un prezo de 6 euros, que se pode reducir a 5 no caso de que acudan tres ou máis membros da familia. 
Será aconsellable reservar as entradas (podedes facelo chamando ao número 667 808 674). Tamén podedes mercalas online aquí (cun pequeno incremento no prezo, polos gastos de xestión - 0.50 céntimos por entrada-).

Déixovos a continuación o mapa coa ubicación da sala e algún vídeo de mostra para que vexades de que vai o conto 😉, mais permitídeme que vos diga que, tanto a sala, coma o grupo son 100 % aconsellables. Xa nos contaredes se decidides achegarvos!






3 comentarios:

  1. Pero que ben que asistisedes!! Onte contáronme que o pasaron moi ben e que, ademais, "nos sentamos todos juntos!" jejeje Alégrome moito :)

    ResponderEliminar