venres, 24 de marzo de 2017

Cumpreanos Marzo

0

MOITOS PARABÉNS PARA ARTURO E YOEL que este luns cumpriron 5 anos!!! Hoxe celebramos o seu cumpre no cole e desfrutamos dunha xornada moi divertida 💃🎶







xoves, 23 de marzo de 2017

Axenda 25-26 de marzo

3

Comezamos tempada primaveral, mais esta fin de semana preséntase, de novo, ben chuviosa. Pero non todo vai ser estar na casa! Recordade que armados e armadas cun bo abrigo-chuvasqueiro e unhas botas de goma, as saídas poden ser aínda máis emocionantes que un día soleado, só hai que botarlle un pouco de "valentía", así que, deixádevos levar polos/as peques que, de seguro, terán mil ideas sobre como aproveitar as pozas 💦🌂💦

E para os/as que aínda non se atreven, temos outra divertida alternativa. E é que esta última fin de semana de marzo a Sala Ártika ofrécenos a oportunidade de desfrutar do grupo de teatro e música infantil Migallas. O espectáculo dará comezo ás 18h, tanto na xornada do sábado, coma na do domingo e ten unha duración estimada de 50 minutos. 
As entradas teñen un prezo de 6 euros, que se pode reducir a 5 no caso de que acudan tres ou máis membros da familia. 
Será aconsellable reservar as entradas (podedes facelo chamando ao número 667 808 674). Tamén podedes mercalas online aquí (cun pequeno incremento no prezo, polos gastos de xestión - 0.50 céntimos por entrada-).

Déixovos a continuación o mapa coa ubicación da sala e algún vídeo de mostra para que vexades de que vai o conto 😉, mais permitídeme que vos diga que, tanto a sala, coma o grupo son 100 % aconsellables. Xa nos contaredes se decidides achegarvos!






mércores, 15 de marzo de 2017

Museo do Mar

7


Hoxe tivemos un día ben completiño! Pola mañá continuamos investigando sobre os animais da sabana 🐘, logo falamos un pouquiño de Gloria Fuertes (poeta infantil que o cole decidiu homenaxear no Día da Poesía, con motivo da celebración do Centenario do seu nacemento) e, trala merenda... EXCURSIÓN! Non poidemos ocultar o nerviosos e nerviosas que estabamos con iso de viaxar en autobús para ir ver tiburóns (non é algo que fagamos tódolos días!), pero, unha vez alí, ata nos felicitaron polo atentos e atentas que estivemos 😏

Aquí vos deixamos un pequeno resumo da nosa saída:


E, así, sen que ninguén nos escoite, xa vos podemos adiantar que a nosa próxima saída está prevista para comezos do mes de Maio, cando acudiremos ao teatro Afundación de Vigo para desfrutar da obra Gatuxo.




venres, 10 de marzo de 2017

Axenda Marzo

0

Resultado de imaxes para excursion
Saúdos de novo, familias! Se hoxe revisastes o sobre de comunicacións dos nenos e nenas comprobariades que a semana que vén... IMOS DE EXCURSIÓN! Estamos ansiosos e ansiosas por subirnos de novo ao autobús, especialmente tendo en conta que nos diriximos ao Museo do Mar, a disfrutar, nesta ocasión, da actividade: "Jasón, el tiburón", a través da cal coñeceremos os segredos das raias e tiburóns que habitan no acuario. Non nos chega o momento! 🐠

Así mesmo, recordade que no día de hoxe deu comezo na cidade de Pontevedra o Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2017, unha cita ineludible para todos aqueles ratiños e ratiñas de biblioteca que saben disfrutar das boas lecturas. No Salón espéranvos un sinfín de actividades: obradoiros diversos, contacontos, actuacións musicais, representacións... Fixádevos que o mércores 15 ata poderedes atopar cousiñas de África 😉 Non volo perdades! Aquí vos deixo o programa ao completo para que o estudedes con detemento:




E aquí a ubicación, para que non vos perdades:



No caso de acudir, estaremos desexando coñecer qué tal a experiencia! Non dubidedes en compartilo connosco 😊