xoves, 28 de decembro de 2017

Felices festas e felices cumpreanos!!!

5

Agardamos que todos e todas esteades disfrutando destas datas🎄🎅. Para axudarvos un pouquiño, aquí vos quedan algunhas das imaxes dos últimos días de cole deste ano, nos que tivemos que despedirnos xa ata o 2018. Como sona iso... parece que o futuro xa está aquí. Pero, non por iso imos deixar de pensar no importante... alguén dixo Festa? 🙌

Quedounos un artigo longo desta volta, pero aguantade ata o final, que hai sorpresa.🎁

  • Decoramos a árbore de Nadal do cole:
Xa levabamos uns días un tanto nerviosos e nerviosas, desde que a profe nos leu unha nota que ía para a casa solicitando axuda para decorar a árbore de... NADAL!!!! CHEGOU O NADAL!!! DECEMBRO!!! BEEEN!!! (Ese temido momento no que, inevitablemente, hai que adiantar os festivos acontecementos que están por vir e que sabemos desembocarán nunha tolemia colectiva😓).

Tentamos manter a calma con moitos "OMMMS" e, aínda que ás veces nos puido a emoción, conseguimos deixar a árbore ben bonita, ¿a que sí? Moitas grazas por axudarnos neste fermoso traballo, papás e mamás!






Pero para traer, tamén hai que levar. Gustáronvos os nosos renos? Seguro que ocupan un espazo privilexiado nas vosas árbores.



  • Recollida solidaria "1 libro x 1 kilo":
Seguimos emocionados e emocionadas con esta fermosa iniciativa da que tedes máis información tanto na páxina web do cole, coma no Blogue do Moucho, ou mesmo no xornal Faro de Vigo.







Moitísimas grazas a tódalas familias por ser parte desta recollida solidaria de alimentos, nada mellor que axudar aos demais para sentirse parte deste mundo.




  • Árbore "Un mar de agasallos":
Recordades que a finais do mes de novembro vos pedimos un bote de Actimel ou semellantes? Queredes saber para que era?

Con eles decoramos o árbore da biblioteca entre tódolos nenos e nenas do cole, de xeito que cada un deles e cada unha delas tivese, o último día, un "amigo invisible".

Un ano máis, estivemos encantados e encantadas de participar:





  • CUMPREANOS NOVEMBRO- DECEMBRO:
E, xa de portas para adentro... MOITOS PARABÉNS para Marco, Yanira e Noa C.!!! O mércores 20 tiveron o privilexio de celebrar as súas 5 voltas ao sol rodeados -literalmente- polos seus compis. Para que enganarnos... estaban desexando que chegase o momento 😃 









Quedamos un pouco tristes ao ter que celebrar a festa sen o noso amigo Nicolás, pero todo quedou arranxado ao día seguinte, cando moi contentos poidemos falar un pouco da súa historia e facerlle entrega da súa merecida medalla.





  • MERENDOLA NADAL:
E chegou o momento de despedir o 2017. Para iso fixémonos cuns cantos doces típicos destas datas, unha boa presa de ledicia, un pouco de tempo extra para celebrar, un baúl cheo de disfraces (isto nunca falla😎), unha profe DJ e... TIVEMOS UN DÍA REDONDO! Algún compi saíu do cole un pouco confundido "Profe, no sé qué es lo que acaba de pasar, pero creo que es el día más feliz de mi vida". Ben... creo que esta é a mellor forma de rematar o ano!


Houbo alguén perseguindo aos piñóns en tódalas mesas!








2018, agardámoste cos brazos ben abertos, non deixes de sorprendernos cos momentos máis felices das nosas vidas!!!

Despedímonos cos nosos desexos de Nadal e a nosa felicitación, vémonos prontiño!



*Déixovos cun extra de Nadal con ideas para regalar nun dossier elaborado por Malena Martín, do blogue Aprendiendo Matemáticas, lugar a onde acudimos en innumerables ocasións para poñernos á última nisto das mates manipulativas. 😉👌


e non o esquezades...




  🎉🎆FELIZ ANO A TODOS E TODAS🎆🎉







mércores, 29 de novembro de 2017

Cumpreanos Outubro 2017

7

Ola...? Hai alguén? Seguides por aí? Nós... ESTAMOS DE VOLTA!!! 🎊🙌🎊 Sabemos que a espera foi longa, mais prometemos compensarvos sempre que estea da nosa man.

Non atopamos un xeito mellor que dar por inaugurado este novo curso no blogue con, nada máis e nada menos, que OS CUMPREANOS DE OUTUBRO! Así que, aquí tedes a Daniela, a Esperanza, a Xoel e a Edgar cos seus sorrisos por ter celebrado outro ano máis xunto a tódolos seus amiguiños e amiguiñas.





Como veredes, para este ano, elixin facer outro tipo de celebración, inspirado no cumpreanos Montessori. Seguro que vos soa a palabra, a que sí? Trátase dun método educativo ideado pola pedagoga italiana María Montessori a finais do século XIX do que se está a falar moito na actualidade, pois moitos dos seus principios constitúen -entre outros-  a base do que debería ser a Educación Infantil (fundamentalmente polo seu respecto ao ritmo de cada neno e nena).

Pero a teoría deixámola para outro día, que aquí viñemos a ensinarvos o que aconteceu neste día máxico.

Estamos moi habituados xa a celebrar os cumpreanos rodeados dos nosos seres queridos, xa levamos 5 ás costas! Sen embargo, non sempre sabemos que é o que realmente ocorre nesta data. Vale, temos que erguer un dedo máis, cambiar o número da vela e aprender a dicir outra cifra cando nos preguntan, pero... POR QUE?😩

Pois ben, este ano comezamos a aprendelo - salvando as dificultades que as nocións de "tempo" aínda supoñen para nós-.
Sabemos que un día estivemos na barriga de mamá, e que toda a familia nos esperaba con ansia... pero nós estabamos a gustiño dentro de mami. Por iso alí estivemos 9 meses, que é o que dura o cole ata que chegan as vacacións!!!




Ata que un día de OUTUBRO, decidimos saír a coñecer ao resto do mundo...




Aí comezou a nosa nova aventura... A NOSA PRIMEIRA VOLTA AO SOL! 



E logo chegou a segunda, e logo a terceira, e logo a cuarta! Recordades todo o que aprendemos mentres tanto??? WOW... Poñernos de pé, dicir "mamá" e "papá", camiñar, correr, saltar, andar en bici... FALAR! 😃



Así ata que no mes de OUTUBRO DE 2017 cumprimos a nosa 5ª volta!🌞✋



Sabemos quen é a nosa familia, nada pode haber no mundo que queiramos máis💗. Pero, mentres esteamos na escola, qué mellor que celebrar as datas que nos importan rodeados desta outra familia que nos regalou a chegada ao cole??? 

Bueno, e se ademais podemos aprender algo todos xuntiños, iso xa é máis que xenial.




Gustouvos aprender con nós isto das voltas ao sol? Que saibades que nós quedamos alucinados e alucinadas! 



Pronto chegarán os seguintes... 😉