domingo, 15 de xullo de 2018

Festa da Auga 2018.

0



E por fin chegou o día! Levabamos semanas agardando unha das festas máis coñecidas de todo Beade 😜 Nervios, saltos, precipitados cambios de roupa, carreiras, música e… moitas ganas de pasalo ben! A mezcla perfecta para que a nosa xornada de despedida do curso fose do máis divertida.

A cámara aguantou o que aguantou, non puido soportar os repentinos sprints motivados por un pequeno trasniño loiro. Tiñades que ver a Lucas perseguindo ao Equipo Directivo do cole caldeiro en man, creo que aínda o escoito rir! 😄


Un luxo compartir estes momentos 💙

venres, 13 de xullo de 2018

Un día inesquecible...

6



Cando comezan os recordos? Ata onde chegan? Todos e todas sabemos que hai momentos e experiencias que permanecen para sempre na nosa memoria. Eu atrévome a dicirvos que o 14 de xuño quedará para sempre nos nosos corazóns. Que non nos credes? Mirade, mirade…


Dende aquí un saúdo especial a Rita, Inma e Sabela, de Amarcarril; non poidemos ter mellores anfitrioas. Moitísimas grazas ás tres! Sodes xeniais.

mércores, 11 de xullo de 2018

Preparándonos para 1º!

0


Xa vos dixeramos que os últimos días iamos compartir máis actividades e espazos cos nenos e nenas de 1º verdade? 😉


Como vedes, isto será máis fácil do que vos pensades. Recordade, a clave é sempre CONFIAR. Emprendamos esta viaxe con optimismo e seguridade. Iso sempre axuda a ter un bo comezo!





luns, 9 de xullo de 2018

Taller de realidade virtual no fondo do mar.

2


E que mellor forma de pechar o proxecto de centro deste ano que cun paseo polo fondo mariño? Os peques quedaron encantados e encantadas. Moitísimas grazas a Pablo e Adriana por ofrecernos esta oportunidade de descubrir a través da tecnoloxía os segredos que esconde o océano. Case poidemos tocalos! Realmente impresionante e 100% aconsellable!

Primeiro Pablo explicounos en que consiste iso da "realidade virtual".



Tamén nos ensinou o equipo que precisamos para poñelo en marcha.

Logo, por grupos, fomos probando esas "gafas máxicas". Incrible!

Os demais, poidemos ver na pantalla por onde se movían os nosos compis.





Gustouvos a nosa chapa de recordo? Difícil esquecer a experiencia.









sábado, 7 de xullo de 2018

Cumpreanos de verán.

0

Temos varias débedas pendentes convosco: cumpreanos, realidade virtual, excursión, Festa da auga... Pouco a pouco iremos cumprindo, prometido! 😉

Queredes ver cómo o pasamos celebrando os cumpreanos de maio-xuño e de verán? Pois non vos farei agardar máis, aquí tedes un pequeniño resumo.

Cómo nos gusta xirar arredor da vela-Sol, sorpréndenos moito ir comprobando tooooodo o que fomos aprendendo nestes 6 intensos anos de vida e danos moitas ganas de continuar sumando aprendizaxes. Fainos tanta gracia pensar que hai nada estabamos en pañais... sempre rimos un montón ao recordalo😂 Qué marabilloso facernos máis e máis independentes! Pouco a pouco imos cumprindo metas que nos encanta compartir convosco. Diso vai isto de medrar😏

MOITOS PARABÉNS A ADRIANA, NOA, AICHA, PEDRO, AITANA, GABRIEL, ANTÍA, LUCAS, PABLO E XIANA!!! 

















MOITOS PARABÉNS TAMÉN A TODOS E TODAS OS QUE HOXE TEDES ALGO QUE CELEBRAR! 😉 Desfrutade moito deste fermoso día 🌞