luns, 11 de xuño de 2018

Imos a Primaria!

5

Esta semana non poidemos comezar con máis intensidade. Hoxe descubrimos o mundo da astronomía e algúns dos seus nomes e descubrimentos máis famosos (Einstein, Newton, Hawking...). Hai moitas preguntas que aínda non sabemos responder, pero sí sabemos que queremos estudiar moito para chegar a ser coma eles🌠

Como nos portamos moi, moi ben, despois de facer o noso traballo a profe tíñanos preparada unha visita especial: fomos coñecer a aula de 1º! Que nervios! Nunca nos movemos tan sixilosamente polos corredores, vese que tiñamos moitas ganas de chegar a ese espazo😄



Chamamos á porta e a profe Sofía recibiunos con moito agarimo. Os nenos e nenas da súa clase non estaban pois tiñan clase de "Educación Física" co profe Manolo, así que, por suposto, a nosa primeira pregunta xa vos podedes imaxinar cal foi -pois sí, que saibades que agora o chándal poñerémolo para ir a clase de Educación Física co profe Manolo!- 

Comezamos por explorar libremente a aula para así ir anotando mentalmente as preguntas que nos gustaría facer. Isto xerou momentos de moita curiosidade. Tamén vimos que había cousas en común, por exemplo, que os nenos e nenas de 1º tamén estudian a Van Gogh, o abecedario, os planetas...







As preguntas foron moi ben pensadas (nisto de preguntar estamos en nivel avanzado😎): temos que saber ler?, qué pasa cando un neno ou unha nena se portan mal?, hai rincóns para xogar?, qué fan os nenos e as nenas cando rematan o traballo?, qué cousas imos estudiar?, imos facer deberes coma os irmáns e as irmás maiores?





A verdade é que o tomamos todo con moita ilusión, non nos asustamos nadiña, sabedes por qué? Porque temos moitas ganas! E esa será sempre a clave que nos permita seguir avanzando🚀


E imos a confesarvos un segredo: iso de ter que estudiar as plantas e os animais en Ciencias da Natureza... EN SERIO???!!! Pero se iso é o que máis nos gusta!!! Que alegría levamos 😊

Por hoxe xa foi abondo, pero pronto voltaremos. O venres tócanos coñecer a outra parte importante da aula: os nenos e nenas de 1º que nos estarán agardando para facer algunha actividade connosco👍 Seguro que tamén nos axudarán a resolver moitas dúbidas.

Ah! E que saibades, queridas familias, que na última semana do curso iremos ao patio de Primaria durante os recreos -pero isto a profe aínda non nolo dixo, pois pensa que cos nervios da excursión quizais nos dea un ataque-de-emoción-extrema-imposible-de-controlar.

Moitas grazas por lernos!