mércores, 16 de maio de 2018

Letras Vivas

1

Unha vez máis... FERMOSO!!! 👏👏👏💙💙💙 Os e as artistas superáronse de novo e obsequiáronnos cunha actuación ben bonita e chea de emoción.

Estes peques teñen xa moi claro que as nosas letras sirven para xogar, para contar, para escribir, para poemar, para aprender... e tamén para cantar e bailar co corazón!

Cando entramos na aula a primeira hora, sabiamos que sería un bo día; moitas grazas por vir a desfrutalo connosco 👪

E para aqueles e aquelas que non poidestes acudir, aquí vos deixamos un pequeno resumo:



Ensaio da semana pasada no Centro Cultural.


Os maiores axudáronos a ter un camiño máis seguro e divertido. Así comezabamos a mañá de festa!




Preparados e preparadas para a Festa das Letras! 






E aquí, por fin, a actuación estelar 🌟




Parabéns a todos e todas💃💃💃 Que orgullo de peques!
Vémonos de volta o luns!😊

martes, 15 de maio de 2018

O voso día.

0

Para as máis grandes, para as máis pequenas, para as máis festeiras, para as máis tranquilas, para as máis pacientes e para as máis movidas... Hoxe foi o voso día, FAMILIAS!💖



Agardamos que vos gustasen moito os regaliños que preparamos con moito amor e divertidas reflexións.







Moitos parabéns a todos e todas e moitas gracias por contribuír a que esta familia do cole sexa tan especial 💚

A nosa última foto de grupo, momentos antes da celebración do Maio, o pasado venres 4.


*Vémonos mañá no Festival! A descansar moito!