mércores, 21 de marzo de 2018

Día da Poesía?

3

Seguro que os nenos e as nenas da clase xa vos informaron de que hoxe era o Día da Poesía. Pero... claro... Se ata vos tocou facer de mestras e mestres poetas! MOITÍSIMAS GRAZAS por colaborar na actividade do centro! Estes días desfrutamos moito recitando e compartindo as vosas creacións, de verdade que foi moi bonito💚








Pero, sabiades que o 21 de marzo celebramos tamén o Día das Árbores?

Moitas cousas fermosas para conmemorar! Así que, non o dubidamos, despois dunhas semanas de traballo creando, lendo e escoitando poesías, quixemos adicarlle as de hoxe ás grandes coprotagonistas da xornada: as nosas benqueridas ÁRBORES🌳.

Para iso, aproveitamos un regaliño que o Moucho da Biblioteca nos trouxo a primeira hora da mañá: a obra COPLAS, do recomendadísimo autor (e mestre) vigués Antonio García Teijeiro. Con el aprendemos sobre versos, rimas, cantigas... Trala súa lectura, decidimos buscar aquelas coplas que falaban das árbores para ofrecérllelas como regalo e, así, saímos ao patio a buscar as que protexen e limpan o aire do noso cole. Canto lles debemos, grazas árbores!

Aquí tedes o resultado:


E, como por arte de maxia acaba de chegar ao cole unha proposta para participar nun programa en defensa dos nosos montes: Cousa de Raíces, aproveitaremos o vídeo para ser parte do mesmo 👌


*Actualización 22 de marzo:



EXTRA, EXTRA!!! Alguén se fixo eco da nosa andaina!!! Moitas grazas compañeiros e compañeiras💚 O noso Manuel María famoso no mundo enteiro🌍

https://cousaderaices.wordpress.com/2018/03/22/o-alumnado-galego-celebra-o-dia-da-arbore-con-cousa-de-raices/





Cumpreanos marzo.

0

Hai dous nenos na aula que levaban semanas e semanas preguntando cantos días faltaban para o seu cumpre... Cremos que a espera pagou a pena. Moitos parabéns ARTURO E YOEL!🎉🎉🎉


Foi un martes cheo de sorrisos, estes compis están feitos uns grandes animadores😊 E Yoel ata se atreveu a servir catro pratos á vez, qué dominio!






Parabéns por esa medalla compis, cada vez somos máis no clube das 6 voltas😏


domingo, 4 de marzo de 2018

Cumpreanos xaneiro e febreiro.

0

Estabamos en débeda convosco. E é que hai uns días tiñamos que entonar de novo o "Cumpreanos Feliz"🎶, nesta ocasión para felicitar aos nosos compis máis maiores: Alexandre e Anxo.


Esta vez tivemos que dar unha volta máis que de costume, pois xa estamos nos 6 anos!🎂

Foi un bonito día que nos alegramos de compartir con vós a través desta páxina. 😊




Todas e todos preparados para a nosa 6ª volta!
Grazas por compartila connosco!