venres, 9 de febreiro de 2018

Ei vén o Entroido a Beade...

4

Sen palabras🙊💕 Quixera seguir mariscando co meu equipazo, pero entendo que vós tamén o queirades desfrutar 😉 Todo o que traballamos deu hoxe os seus froitos e non podemos estar máis contentos e contentas de tervos amosado o que mellor sabemos facer: divertirnos xuntiños sabendo que vos temos preto!















Foron días de ensaios, risas e cantigas...





 Quédanos pendente o da ubicación no "escenario" cando este se enche de xente, pero... Acaso non o facemos cada vez mellor??? Nós quedamos super satisfeitos e satisfeitas! Aquí o resultado (gracias á profe María que nos grabou👍):


E aquí unha despedida dende o noso último ensaio!


Agardamos que desfrutedes moito deste Entroido 🎉🎭🎉 Vémonos de volta o xoves 15👋


MOITAS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS POR COLABORAR DESTE XEITO CONNOSCO!!! 
Vós tamén sodes un equipazo 👫👬👭👫

*Ah, e sabede que o tío Tuti aceptou a nosa invitación 😎



mércores, 7 de febreiro de 2018

As nasas están na auga ou no espacio exterior?

2

Queredes saber o que ocorreu hoxe? Nada máis entrar na aula atopámonos con uns extraños obxectos... Despois de pensar no que podería ser, o noso compi Anxo axudounos a saber de onde saíran 😉 


Desta vez tivemos que facer dous turnos, pois a metade da clase estaba no Obradoiro de Linguaxe co novo profe Ricardo, mañá veremos que atentos estiveron e serán outros os nenos e nenas aos que lle toque explicar. Pouco a pouco imos perdendo a vergoña ás grandes audiencias!

Aproveito para informarvos de que o venres, día do Festival de Entroido, os nenos e nenas poderán vir vestidos xa coa roupa do seu "disfraz". Os guantes, sombreiros e demais complementos poden vir nunha bolsa co seu nome (mañá ou o venres a primeira hora). Aqueles que prefiran poñer outro calzado para vir ao cole poden traer tamén as botas nunha bolsa co seu nome. 
Que ganas de mariscar para vós!!! jijiji 🐚