E por fin chegou o día!
Levabamos semanas agardando unha das festas máis coñecidas de todo Beade 😜 Nervios, saltos, precipitados cambios de roupa, carreiras, música e… moitas
ganas de pasalo ben! A mezcla perfecta para que a nosa xornada de despedida do
curso fose do máis divertida.
A cámara aguantou o que
aguantou, non puido soportar os repentinos sprints
motivados por un pequeno trasniño loiro. Tiñades que ver a Lucas perseguindo ao
Equipo Directivo do cole caldeiro en man, creo que aínda o escoito rir! 😄
Cando comezan os
recordos? Ata onde chegan? Todos e todas sabemos que hai momentos e
experiencias que permanecen para sempre na nosa memoria. Eu atrévome a dicirvos
que o 14 de xuño quedará para sempre nos nosos corazóns. Que non nos credes?
Mirade, mirade…
Dende aquí un saúdo
especial a Rita, Inma e Sabela, deAmarcarril;
non poidemos ter mellores anfitrioas. Moitísimas grazas ás tres! Sodes xeniais.
Como vedes, isto será máis fácil do que vos pensades. Recordade, a clave é
sempre CONFIAR. Emprendamos esta viaxe con optimismo e seguridade. Iso sempre
axuda a ter un bo comezo!
E que mellor forma de
pechar o proxecto de centro deste ano que cun paseo polo fondo mariño? Os
peques quedaron encantados e encantadas. Moitísimas grazas a Pablo e Adriana
por ofrecernos esta oportunidade de descubrir a través da tecnoloxía os
segredos que esconde o océano. Case poidemos tocalos! Realmente impresionante e
100% aconsellable!
Primeiro Pablo explicounos en que consiste iso da "realidade virtual".
Tamén nos ensinou o equipo que precisamos para poñelo en marcha.
Logo, por grupos, fomos probando esas "gafas máxicas". Incrible!
Os demais, poidemos ver na pantalla por onde se movían os nosos compis.
Gustouvos a nosa chapa de
recordo? Difícil esquecer a experiencia.
Temos varias débedas pendentes convosco: cumpreanos, realidade virtual, excursión, Festa da auga... Pouco a pouco iremos cumprindo, prometido! 😉
Queredes ver cómo o pasamos celebrando os cumpreanos de maio-xuño e de verán? Pois non vos farei agardar máis, aquí tedes un pequeniño resumo.
Cómo nos gusta xirar arredor da vela-Sol, sorpréndenos moito ir comprobando tooooodo o que fomos aprendendo nestes 6 intensos anos de vida e danos moitas ganas de continuar sumando aprendizaxes. Fainos tanta gracia pensar que hai nada estabamos en pañais... sempre rimos un montón ao recordalo😂 Qué marabilloso facernos máis e máis independentes! Pouco a pouco imos cumprindo metas que nos encanta compartir convosco. Diso vai isto de medrar😏
MOITOS PARABÉNS A ADRIANA, NOA, AICHA, PEDRO, AITANA, GABRIEL, ANTÍA, LUCAS, PABLO E XIANA!!!
MOITOS PARABÉNS TAMÉN A TODOS E TODAS OS QUE HOXE TEDES ALGO QUE CELEBRAR! 😉 Desfrutade moito deste fermoso día 🌞
Esta semana non poidemos comezar con máis intensidade. Hoxe descubrimos o mundo da astronomía e algúns dos seus nomes e descubrimentos máis famosos (Einstein, Newton, Hawking...). Hai moitas preguntas que aínda non sabemos responder, pero sí sabemos que queremos estudiar moito para chegar a ser coma eles🌠
Como nos portamos moi, moi ben, despois de facer o noso traballo a profe tíñanos preparada unha visita especial: fomos coñecer a aula de 1º! Que nervios! Nunca nos movemos tan sixilosamente polos corredores, vese que tiñamos moitas ganas de chegar a ese espazo😄
Chamamos á porta e a profe Sofía recibiunos con moito agarimo. Os nenos e nenas da súa clase non estaban pois tiñan clase de "Educación Física" co profe Manolo, así que, por suposto, a nosa primeira pregunta xa vos podedes imaxinar cal foi -pois sí, que saibades que agora o chándal poñerémolo para ir a clase de Educación Física co profe Manolo!-
Comezamos por explorar libremente a aula para así ir anotando mentalmente as preguntas que nos gustaría facer. Isto xerou momentos de moita curiosidade. Tamén vimos que había cousas en común, por exemplo, que os nenos e nenas de 1º tamén estudian a Van Gogh, o abecedario, os planetas...
As preguntas foron moi ben pensadas (nisto de preguntar estamos en nivel avanzado😎): temos que saber ler?, qué pasa cando un neno ou unha nena se portan mal?, hai rincóns para xogar?, qué fan os nenos e as nenas cando rematan o traballo?, qué cousas imos estudiar?, imos facer deberes coma os irmáns e as irmás maiores?
A verdade é que o tomamos todo con moita ilusión, non nos asustamos nadiña, sabedes por qué? Porque temos moitas ganas! E esa será sempre a clave que nos permita seguir avanzando🚀
E imos a confesarvos un segredo: iso de ter que estudiar as plantas e os animais en Ciencias da Natureza... EN SERIO???!!! Pero se iso é o que máis nos gusta!!! Que alegría levamos 😊
Por hoxe xa foi abondo, pero pronto voltaremos. O venres tócanos coñecer a outra parte importante da aula: os nenos e nenas de 1º que nos estarán agardando para facer algunha actividade connosco👍 Seguro que tamén nos axudarán a resolver moitas dúbidas.
Ah! E que saibades, queridas familias, que na última semana do curso iremos ao patio de Primaria durante os recreos -pero isto a profe aínda non nolo dixo, pois pensa que cos nervios da excursión quizais nos dea un ataque-de-emoción-extrema-imposible-de-controlar.
Unha vez máis... FERMOSO!!! 👏👏👏💙💙💙 Os e as artistas superáronse de novo e obsequiáronnos cunha actuación ben bonita e chea de emoción.
Estes peques teñen xa moi claro que as nosas letras sirven para xogar, para contar, para escribir, para poemar, para aprender... e tamén para cantar e bailar co corazón!
Cando entramos na aula a primeira hora, sabiamos que sería un bo día; moitas grazas por vir a desfrutalo connosco 👪
E para aqueles e aquelas que non poidestes acudir, aquí vos deixamos un pequeno resumo:
Ensaio da semana pasada no Centro Cultural.
Os maiores axudáronos a ter un camiño máis seguro e divertido. Así comezabamos a mañá de festa!
Preparados e preparadas para a Festa das Letras!
E aquí, por fin, a actuación estelar 🌟
Parabéns a todos e todas💃💃💃 Que orgullo de peques!