mércores, 29 de novembro de 2017

Cumpreanos Outubro 2017

7

Ola...? Hai alguén? Seguides por aí? Nós... ESTAMOS DE VOLTA!!! 🎊🙌🎊 Sabemos que a espera foi longa, mais prometemos compensarvos sempre que estea da nosa man.

Non atopamos un xeito mellor que dar por inaugurado este novo curso no blogue con, nada máis e nada menos, que OS CUMPREANOS DE OUTUBRO! Así que, aquí tedes a Daniela, a Esperanza, a Xoel e a Edgar cos seus sorrisos por ter celebrado outro ano máis xunto a tódolos seus amiguiños e amiguiñas.





Como veredes, para este ano, elixin facer outro tipo de celebración, inspirado no cumpreanos Montessori. Seguro que vos soa a palabra, a que sí? Trátase dun método educativo ideado pola pedagoga italiana María Montessori a finais do século XIX do que se está a falar moito na actualidade, pois moitos dos seus principios constitúen -entre outros-  a base do que debería ser a Educación Infantil (fundamentalmente polo seu respecto ao ritmo de cada neno e nena).

Pero a teoría deixámola para outro día, que aquí viñemos a ensinarvos o que aconteceu neste día máxico.

Estamos moi habituados xa a celebrar os cumpreanos rodeados dos nosos seres queridos, xa levamos 5 ás costas! Sen embargo, non sempre sabemos que é o que realmente ocorre nesta data. Vale, temos que erguer un dedo máis, cambiar o número da vela e aprender a dicir outra cifra cando nos preguntan, pero... POR QUE?😩

Pois ben, este ano comezamos a aprendelo - salvando as dificultades que as nocións de "tempo" aínda supoñen para nós-.
Sabemos que un día estivemos na barriga de mamá, e que toda a familia nos esperaba con ansia... pero nós estabamos a gustiño dentro de mami. Por iso alí estivemos 9 meses, que é o que dura o cole ata que chegan as vacacións!!!




Ata que un día de OUTUBRO, decidimos saír a coñecer ao resto do mundo...




Aí comezou a nosa nova aventura... A NOSA PRIMEIRA VOLTA AO SOL! 



E logo chegou a segunda, e logo a terceira, e logo a cuarta! Recordades todo o que aprendemos mentres tanto??? WOW... Poñernos de pé, dicir "mamá" e "papá", camiñar, correr, saltar, andar en bici... FALAR! 😃



Así ata que no mes de OUTUBRO DE 2017 cumprimos a nosa 5ª volta!🌞✋



Sabemos quen é a nosa familia, nada pode haber no mundo que queiramos máis💗. Pero, mentres esteamos na escola, qué mellor que celebrar as datas que nos importan rodeados desta outra familia que nos regalou a chegada ao cole??? 

Bueno, e se ademais podemos aprender algo todos xuntiños, iso xa é máis que xenial.




Gustouvos aprender con nós isto das voltas ao sol? Que saibades que nós quedamos alucinados e alucinadas! 



Pronto chegarán os seguintes... 😉